milenaria
A beleza da natureza conmóvenos coma algo grande que sinala o camiño mais ala de nos. O home ven da natureza e retorna a ela de novo.
Cando sentimos coma fermoso unha paisaxe que non temos domesticada e conformada a nosa medida, volve a nosa conciencia un presentimento da dimensión da nosa vida nesa inconmensurabilidade.
Sentímonos elevados; humildes e cheos de razón, todo nun. Estamos na natureza, nesa gran forma que, de tódolos xeitos non entendemos e que agora, no momento desa experiencia, tampouco necesitamos entender por completo, xa que formamos parte dela.
Lanzo a mirada a amplitude da paisaxe; miro cara o horizonte profundo mar, contemplo esas cores, vou través dos campos cara as acacias do outro lado, contemplo as flores de saúco.
Quédome sosegado. Ela nada no mar , somerxese o longo dun anaco baixo a auga. Conten o alento. Un pez xigantesco pasa nadando o seu carón; sen facer ruído, con unha lentitude que parecía infinita.
Seus movementos son soltos, potentes, elegantes, de unha naturalidade milenaria.
Este obra está bajo una licencia
de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0
Unported.