enArco


Licencia de Creative Commons


Comezaba a cancion, son un home transparente un home transparente, esperando que se rompan os espellos,
esperando que soe outra vez e que as suas letras me traspasen, e bailen e me pisen sen darse conta,
estou con eles, na mesma sala, o seu caron, completamente opaco a comentarios e sons, un gran espacio,
o meu redor, unha gran burbulla na que se para o tempo, e podo escoitar os pensamentos, os latexos do
corazon, como chega a sangue as miñas mans, sinto todo e nada, incapaz de encontrala porta, a fiestra,
unha bocanada de aire limpo, cansado de estar viciado no vicio de segundos.
Entre cortinas que se moven e teas que quedan quedas, un aire que me ataca os ollos, non encontro ese
arume, ese xa desapareceu fai moito, de cando era pequeno e ainda non entendia , nin falta que facia,
era todo mais claro, mais simple, cos anos pero o uso da razon, da capacidade de imaxinar, asi estou nun
espacio que nin entendo nin comparto que padezo e disfruto a vez que non quero deixar pero tampouco estar
moito tempo.
Se fai todo moi complexo e perverso, cando as palabras din cousas que non significan, so contan apariencias.
E asi estamos e asi vivimos, e asi nos queixamos de estar sempre na mesma habitacion sen encontrar aire limpo,
sen contaminar por xente que nunca limpiou o corazon.
Aire limpo e finas palabras que encontramos no fondo da fraga, si ali onde o castaño, si ali onde o prado,
si ali onde non hai ninguen mais que nos e a nosa conciencia que sae e se mergulla no vento, acaricia o rio
e deixa parte dela nas follas das arbores, caeme unha gota no pescozo, baixa xusto polo medio da espalda,
e cambiame bruscamente a temperatura, unha gota limpa.
Sintome mellor, gustame sentir pero afogo cando noto que non son capaz de 
soñar.

Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.